Festa da Bicicleta en Lérez 2026
A Festa da Bicicleta celebrarase o 3 de outubro de 2026 na parroquia pontevedresa de Lérez. Organizada pola Asociación Cultural Santísimo Cristo do Consolo de Lérez, a xornada propón unha marcha popular en bicicleta aberta a veciños e persoas afeccionadas de todas as idades para percorrer a contorna da parroquia.
A saída terá lugar ás 17:30 horas desde o Mosteiro de Lérez. Ao rematar o percorrido, os participantes poderán gozar dun avituallamento no propio mosteiro e participar nun sorteo de diverso material deportivo como peche da xornada.
A inscrición é gratuíta. Para confirmar a participación, cómpre enviar unha mensaxe de WhatsApp ao 639 906 260. O evento celebrarase no Mosteiro de Lérez, Pontevedra.
