Faladoiro «Corpos libres, mentes sas» en Soutomaior

Sobre este plan
A Biblioteca Municipal Luís Seoane de Soutomaior acolle o xoves 19 de novembro de 2026 ás 19:30h o faladoiro «Corpos libres, mentes sas», dentro da campaña do 25N do Concello de Soutomaior, «Non me veñas con contos!», adicada este ano á violencia estética.
«Será que a violencia estética tamén se esconde no prato?»: unha mesa coloquio sen filtros sobre alimentación, nutrición e canons impostos, moderada pola xornalista Laura Fresneda, coas intervencións de Lidia Folgar (dietista e nutricionista), Claudia Bedoya (médica especialista en saúde dixestiva e inmunonutrición) e Lidia Fernández Lorenzo (técnica en nutrición).
Entrada libre ata completar o aforo.
