Exposición ‘Pontevedra Debuxada’
A sala de exposicións da Vicerreitoría de Pontevedra acolle a mostra do proxecto Pontevedra Debuxada, impulsado polo Concello de Pontevedra e Taller Abierto, coa colaboración das docentes da Universidade de Vigo Begoña Paz, Iciar Ezquieta e María Covadonga Barreiro. Esta exposición afonda na metodoloxía que fixo posible a reinterpretación artística do rueiro de Pontevedra, a través das miradas e estilos das ilustradoras Natalia Umpiérrez, Aida Alonso e Paula Chesire.
As artistas elaboraron tres mapas ilustrados da cidade, cada un ofrecendo unha lectura persoal de Pontevedra. Esta proposta artística invita aos visitantes a contemplar a cidade desde novas perspectivas e a apreciar a súa riqueza cultural. A exposición poderase visitar ata o 26 de marzo na Casa das Campás, situada en Pontevedra.
