Evento solidario en Pontevedra polo Día Mundial das Enfermidades Raras
O sábados 28 de febreiro, celebrarase un evento en Pontevedra con motivo do Día Mundial das Enfermidades Raras. A asociación Fegerec súmase á Federación Española de Enfermidades Raras (FEDER) co lema “Porque cada persoa importa”, resaltando a importancia non só das persoas que conviven con estas patoloxías, senón tamén de todas aquelas que lles brindan apoio no seu día a día.
O evento comezará ás 12:00 horas coa lectura da declaración institucional da FEDER e prolongarase ata ás 16:00 horas, durante as cales realizaranse diversas actividades lúdicas, un flashmob e un aperitivo solidario. A participación en todas as actividades será gratuíta e está aberta a toda a cidadanía.
O encontro terá lugar na Praza España, en Pontevedra.
