Home Axenda - enPontevedra Fin de semana Teatro Enreguéifate: obradoiro de regueifa para profesorado en Pontevedra
Enreguéifate: taller de regueifa para profesorado en Pontevedra

Enreguéifate: obradoiro de regueifa para profesorado en Pontevedra

Enreguéifate inaugura a súa décima edición cun obradoiro dirixido ao profesorado que queira descubrir o valor da regueifa como ferramenta didáctica. A sesión terá lugar o venres 23 de outubro de 2026, de 16:30 a 20:30 horas, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

A través da improvisación oral, as persoas participantes explorarán estratexias para fomentar a expresión, a empatía e o traballo en equipo nas aulas, promovendo tamén valores como a diversidade, a cooperación, a integración e o feminismo. O obradoiro estará conducido por Lupe Blanco, Josinho da Teixeira, Manolo Maseda e Séchu Sende, que achegarán recursos para traballar a regueifa na aula e darán a coñecer o proxecto Enreguéifate, que celebra dez anos de traxectoria.

A formación require inscrición previa a través do formulario habilitado. O prazo permanecerá aberto ata o martes 20 de outubro e hai 45 prazas dispoñibles. No caso de recibirse máis solicitudes ca prazas ofertadas, terá preferencia o profesorado dos concellos participantes e dos niveis educativos aos que se dirixe o proxecto: 5.º e 6.º de educación primaria e educación secundaria obrigatoria (ESO).

Os plans, no teu correo cada xoves

Recibe a selección da fin de semana de enPontevedra.

Política de privacidad

Onde

Pazo da Cultura
Pazo da Cultura de Pontevedra, Pontevedra, 36005 Pontevedra

Cando

O 23 de Outubro ás 16:30

Scroll ao inicio