Concerto de Zeltia Irevire en Pontevedra
Zeltia Irevire abrirá o venres 18 de setembro de 2026 o ciclo Somos Música, un programa de actividades paralelas á Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon de Pontevedra. O concerto ofrecerá ao público a proposta desta formación galega, fundada en Santiago de Compostela en 2019.
O grupo redefine as raíces musicais a través dun estilo propio, presentado como unha creación singular dentro da música galega.
O concerto terá lugar ás 20:00 horas na Praza da Peregrina, Pontevedra.
