Charla musical de Xabier Díaz en Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, organiza a charla musical de Xabier Díaz dentro do ciclo O Poder do Folk. O encontro abordará a realidade actual da música de raíz galega e os camiños e desafíos que afrontará nos vindeiros anos.
A actividade forma parte dun ciclo de tres charlas protagonizadas por figuras destacadas da música folk, que reflexionan sobre a súa evolución, o seu presente e as súas perspectivas de futuro.
A charla celebrarase o 23 de setembro de 2026, ás 19:00 horas, no Paraninfo do IES Valle-Inclán, en Pontevedra.
