Centenario de «O Mariscal» no Museo Ramón Cabanillas de Cambados

Este evento xa rematou. Descubre outros plans na axenda.

Centenario de «O Mariscal» en el Museo Ramón Cabanillas de Cambados

Sobre este plan

A Real Academia Galega dedica unha nova sesión do ciclo Momentos da cultura galega ao centenario da publicación de O Mariscal, obra teatral escrita conxuntamente por Antón Vilar Ponte e Ramón Cabanillas. O encontro afondará na Galicia do primeiro terzo do século XX e na contribución desta peza á consolidación do mariscal Pardo de Cela como símbolo das liberdades galegas.

A xornada comezará coa intervención de Pegerto Saavedra, centrada na figura histórica de Pardo de Cela. A continuación, Emilio Ínsua analizará o contexto cultural da década de 1920; Antonio de Toro abordará a influencia do teatro irlandés no novo drama galego, e Nelly Iglesias Ríos tratará a adaptación operística da obra realizada por Eduardo Rodríguez Losada. O programa rematará cunha visita guiada ao Museo Ramón Cabanillas a cargo de Francisco Fernández Rei.

O encontro terá lugar o 15 de outubro de 2026, a partir das 16:30h, no Museo Ramón Cabanillas de Cambados. A entrada é libre e a xornada tamén se poderá seguir en directo a través de academia.gal e da canle de YouTube da RAG. A inauguración correrá a cargo de Ramón Villares e Liso González, co apoio do Concello de Cambados e da Deputación de Pontevedra.

Scroll ao inicio