Home Axenda - enPontevedra Concertos Benquerer – Fran Sieira xunto a Caamaño&Ameixeiras en Pontevedra
Benquerer - Fran Sieira junto a Caamaño&Ameixeiras en Pontevedra

Benquerer – Fran Sieira xunto a Caamaño&Ameixeiras en Pontevedra

O espectáculo Benquerer, creado por Fran Sieira, afonda en conceptos como o amor propio e a conexión coas outras persoas, nunha proposta que conta coa colaboración en directo do dúo galego Caamaño&Ameixeiras, coñecido pola súa vinculación coa música e o baile tradicional.

Desde unha perspectiva case autobiográfica, a obra plantea preguntas sobre o significado de quererse ben a un mesmo e se é posible ofrecer amor a outras persoas sen antes ter cultivado o amor propio. Reflexiona sobre a prioridade do amor propio nas nosas relacións e como a auténtica benquerenza debe ir acompañada de respecto e coidado persoal. Estes temas abórdase desde un enfoque inclusivo e con perspectiva de xénero.

O elenco está composto por Antía Ameixeiras, Sabela Caamaño e Fran Sieira, baixo a dirección artística de Fran Sieira e o equipo de VACAburra (formado por Gena Baamonde e Andrea Quintana). A coreografía é obra de Fran Sieira e Andrea Quintana, mentres que a música corre a cargo de Caamaño&Ameixeiras. A iluminación é de Fidel Vázquez e o vestuario de Érica Oubiña. A escenografía é responsabilidade de Fran Sieira e o deseño sonoro de Isaac Millán. A dinámica posfunción está a cargo de Nancy Silva e Thais Núñez, con fotografía de Aigi Boga e deseño de cartaces de NoveNoel. O folleto foi creado por Sol Álvarez e a distribución xestiona Urdime.

As entradas estarán dispoñibles en Ataquilla próximamente.

Onde

Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino 6, Pontevedra, 36002, Pontevedra

Cando

O 22 de Maio ás 21:00

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio