Home Axenda - enPontevedra Fin de semana Teatro Benito Soto volve do alén no Pazo da Cultura de Pontevedra
Cartel do espectáculo «Benito Soto volve do alén» de Gaiteiros Os de Algures no Pazo da Cultura de Pontevedra

Benito Soto volve do alén no Pazo da Cultura de Pontevedra

O Auditorio do Pazo da Cultura acolle o sábado 31 de outubro de 2026, ás 20:30 horas, o espectáculo músico-teatral «Benito Soto volve do alén», da A.C. Gaiteiros «Os de Algures», que coincide coa Noite de Defuntos. A entrada é libre ata completar cabida.

Dende hai 15 anos a A.C. Gaiteiros «Os de Algures» deseña e representa un espectáculo músico-teatral na cidade con grande éxito de público. A proposta conta coa colaboración da Aula Municipal de Teatro de Pontevedra, da Asociación de danza e teatro Cafuné (figuración), da Asociación Etnográfica Sete Espadelas (vestiario) e de Tarabelo Teatro (escenografía). Nesta ocasión, «Benito Soto volve do alén» conta a historia de como o célebre pirata pontevedrés regresa do Alén acompañado da súa tripulación do Burla Negra, coa intención de recuperar o seu fabuloso tesouro agochado nunha moi coñecida casa pontevedresa.

O que parecía unha misión sinxela convértese nunha sucesión de enredos, malentendidos e situacións disparatadas cando os piratas se atopan cos gaiteiros de «Os de Algures», os taberneiros da Moureira e a mismísima Santa Compaña. Entre cuncas de viño, negocios turbios, promesas incumpridas e ánimas con sede, vivos e mortos percorren algunhas das romarías máis tradicionais da contorna: a das Cabezas da Armenteira e a de San Brais, sen esquecer os remedios milagreiros de San Benitiño de Lérez.

A música de gaitas e a retranca galega acompañan esta aventura na que a cobiza, a picaresca e os costumes populares se mesturan nunha auténtica festa teatral que é tamén unha homenaxe á memoria popular de Pontevedra, ao seu patrimonio e ás súas tradicións.

Os plans, no teu correo cada xoves

Recibe a selección da fin de semana de enPontevedra.

Política de privacidad

Onde

Pazo da Cultura
Pazo da Cultura de Pontevedra, Pontevedra, 36005 Pontevedra

Cando

O 31 de Outubro ás 20:30

Scroll ao inicio