Apertura de Novos Cinemas con «As Augas» de Ledicia Sola en Pontevedra

Sobre este plan
As Augas, ópera prima da actriz, guionista e directora Ledicia Sola, inaugurará o Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, Novos Cinemas, o 8 de decembro ás 21:00h na Sede de Afundación de Pontevedra. A película pasou antes pola Seminci e Cineuropa.
Sinopse: Nora atravesa unha crise persoal e regresa ao manancial da súa infancia coa esperanza de atopar nas súas augas unha forma de curación. Acompañada polas súas amigas Antía e Marta, emprenderá unha viaxe que acabará por transformar as súas vidas e levalas a construír unha nova idea de familia.
O festival celébrase do 8 ao 13 de decembro. Entradas á venda proximamente.



