Andaina «Pontevedra, cidade lorquiana» no Museo de Pontevedra
A andaina «Pontevedra, cidade lorquiana» é unha actividade para público adulto incluída na Semana Lorquiana, organizada por oitavo ano consecutivo polo Museo de Pontevedra e dirixida polo Colectivo Xurelo. O percorrido evoca a relación de Federico García Lorca con Galicia e as súas dúas visitas a Pontevedra en 1932, con música en directo.
A proposta percorrerá diferentes espazos da cidade para lembrar os lugares polos que puido transitar o poeta granadino. En caso de choiva ou de condicións meteorolóxicas adversas, o itinerario urbano substituirase por unha visita ao Museo de Pontevedra, relacionando a traxectoria de Lorca coas obras e os autores presentes nas súas salas.
A actividade celebrarase o sábado 7 de novembro de 2026, ás 12:00h. A saída terá lugar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
