A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz en Sanxenxo
Teatro do Andamio presenta no Auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo un espectáculo de teatro con actores e obxectos que ofrece unha versión actual de A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz.
A obra narra a historia dos tres porquiños e da súa irmá, unha porquiña moderna, intelixente e loitadora. A proposta aborda dous principios fundamentais: a igualdade e a solidariedade.
A función celébrase o 14 de novembro de 2026, ás 18:00h, no Auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán. Actividade incluída no Programa + Escénicas, coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra e do Concello de Sanxenxo.
