Bingo Drag-Clown no Mercado de Pontevedra
O sábado 14 de novembro de 2026, o Mercado de Pontevedra convértese nun bingo festivo protagonizado polo clown, a purpurina, a música e a expresión de xénero. Organizado polo Concello de Pontevedra, o evento convida o público a participar co personaxe e coa estética que prefira.
O programa combina bólas de bingo, agasallos e música petarda para cantar liña e bingo, nun ambiente de disfraces e humor. Anímase a acudir con perruca, bigote, tacóns, gravata, vestido de lentejuelas ou calquera outra caracterización, sen regras nin modelos establecidos: cada persoa decide como quere expresarse e quen quere ser durante a noite.
O Bingo Drag-Clown comezará ás 21:00h no Mercado de Pontevedra. A participación é gratuíta.
