Magosto na Praza da Ferraría de Pontevedra
A Praza da Ferraría de Pontevedra acolle este venres 6 de novembro de 2026, a partir das 19:00 horas, un gran magosto coa colaboración do Concello de Pontevedra.
Durante a xornada distribuiranse arredor dunha tonelada de castañas, que se asarán na propia praza e se repartirán de xeito totalmente gratuíto entre veciños e visitantes.
A festa contará cos concertos de Maravallada e Os Viqueiras e cos pasarrúas dos Gaiteiros das Rías Baixas e Foula.
Ademais, o Concello colaborará durante todo o mes de novembro con diversas asociacións para levar os magostos aos barrios de Eduardo Pondal, Altamira, A Pedreira, O Burgo e o centro da cidade.
