Presentación de «Cómo Sobrevivir a la Noche» de Hermanos Visi en Pontevedra
O martes 10 de novembro ás 20:30 en Culebra Studio (Pontevedra), Hermanos Visi presentan en primicia o seu disco de estrea, «Cómo Sobrevivir a la Noche» (Ernie Records): escoita anticipada do álbum, venta de vinilos e merchandising antes da saída á venda e showcase en directo.
Despois, ás 22:30, a festa continúa en La Verbena con afterparty e set de Parking Dust.
Hermanos Visi é o dúo pontevedrés formado polos irmáns Julio e José.
