Ilustración orixinal de enPontevedra para esta actividade. Animación musical na cidade: Noite dos Calacús 2026
A partir das 17.30 h do sábado 31 de outubro, a cidade enchése de animación dentro do programa da Noite dos Calacús 2026. O comercio local e a hostalaría ambientan os seus establecementos coas tradicións da época de Defuntos galega.
Destaca a rúa Conde de San Román, que une a Casa da Luz e os Soportais da Ferrería, onde se desenvolven as actividades para a rapazada e as familias.
Ademais, haberá ambientación musical (DJs) e sorpresas en varias prazas e locais:
- Praza da Verdura. Casa da Luz. De 17.30 h a 21.00 h
- El Chato Bar (rúa Don Gonzalo, 11). De 18.00 h a 23.30 h
- Praza de Méndez Núñez. De 19.00 h a 23.30 h
- Praza do Teucro. De 19.00 h a 23.30 h
- Campiño de Santa María. De 19.00 h a 23.00 h
Ven mover o esqueleto!!
Actividade incluída no programa da Noite dos Calacús 2026 do Concello de Pontevedra (do 23 de outubro ao 1 de novembro).
