Home Axenda - enPontevedra Exposicións Fin de semana PonteAndada: ruta de sendeirismo por Xeve en Pontevedra
PonteAndada: ruta de senderismo por Xeve en Pontevedra

PonteAndada: ruta de sendeirismo por Xeve en Pontevedra

Naturgaliza, en colaboración co Concello de Pontevedra, organiza PonteAndadas 2026, un programa de oito rutas circulares que combinan saúde, patrimonio e sustentabilidade. A andaina por Xeve celebrarase o domingo 18 de outubro de 2026, con saída desde o Miradoiro de Monte Porreiro, Pontevedra.

A cita comezará ás 9:30 horas cunha sesión de quecemento de marcha nórdica e a saída terá lugar ás 10:00 horas. O percorrido presenta unha dificultade media-baixa e unha duración estimada de tres horas. A actividade incorpora tamén unha acción de plogging: entregaranse luvas e bolsas para recoller plásticos e residuos durante a ruta e contribuír ao coidado dos montes.

A participación ten un prezo de 2 euros por ruta, con pagamento mediante Bizum ou transferencia bancaria a Abanca. As inscricións deben realizarse antes da quinta-feira anterior a cada ruta a través de ponteandadas@gmail.com, no teléfono 625 482 636 ou presencialmente na tenda Naturcamiña, nas Galerías Peregrina, nº3. A organización inclúe coche vasoira, avituallamento, seguro, atención sanitaria e quecemento previo.

Os plans, no teu correo cada xoves

Recibe a selección da fin de semana de enPontevedra.

Política de privacidad

Cando

O 18 de Outubro ás 09:30

Scroll ao inicio