Home Axenda - enPontevedra Exposicións Palestra «Vender, alugar, mercar» en Pontevedra
Palestra «Vender, alquilar, comprar» en Pontevedra

Palestra «Vender, alugar, mercar» en Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra organizan a palestra «Vender, alugar, mercar», unha sesión do ciclo A vivenda, un dereito ou un imposible? que abordará a situación do acceso á vivenda. Participarán a traballadora social Pepa Vázquez e o promotor inmobiliario Javier Garrido Valenzuela, coa moderación do xornalista Serxio Barral.

Pepa Vázquez é traballadora social e terapeuta Gestalt, ademais de coordinadora desde hai 14 anos da asociación de inclusión social Boa Vida e promotora dos programas de vivenda Vida acompañada e Fogares creativos. Javier Garrido Valenzuela dirixe unha empresa de promoción inmobiliaria e preside desde 2007 a Asociación de Promotores Inmobiliarios da Provincia de Pontevedra (Aproin). Tamén foi vicepresidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra e membro do Consello Social da Universidade de Vigo.

A palestra celebrarase o 14 de outubro de 2026, ás 19:00 horas, no Edificio Administrativo da Xunta, en Pontevedra. A entrada é de balde ata completar a capacidade.

Os plans, no teu correo cada xoves

Recibe a selección da fin de semana de enPontevedra.

Política de privacidad

Cando

O 14 de Outubro ás 19:00

Scroll ao inicio