Hadrián Jamardo presenta «Ladrillito» en Pontevedra
O autor de banda deseñada Hadrián Jamardo presenta o seu libro «Ladrillito», publicado por Desfiladero Ediciones, na Libraría Paz de Pontevedra. No encontro estará acompañado por Kiko da Silva.
A obra recibiu o Premio de Novela Gráfica Ajuntament de Paterna 2025. Durante a presentación tamén se dará a coñecer a traxectoria de Jamardo, autor nacido en Caldas de Reis en 1997, graduado en Cómic e Ilustración na escola O Garaxe Hermético e participante en proxectos como Boa Onda 2 e na antoloxía Vinyetari 6.
A presentación terá lugar o venres 2 de outubro de 2026, ás 19:00 horas, na Libraría Paz, Pontevedra. A entrada é de balde.
