Escribir e cantar: a música das palabras en Pontevedra
Escribir e cantar: a música das palabras é unha actividade do programa Mulleres de Palabra(s), enmarcado no Ateneo pola Igualdade, que reunirá en Pontevedra a poeta Antía Otero e á cantante e compositora Guadi Galego. O encontro propón unha conversa sobre o proceso de creación e os temas que ambas abordan a través da palabra poética e da canción.
O programa inclúe un recitado de Antía Otero e música en directo da man de Guadi Galego, en formato acústico. A actividade ofrece unha aproximación á relación entre escrita, música e creación artística.
O evento terá lugar o 18 de setembro de 2026, ás 20:00 horas, nos xardíns do Palacete das Mendoza, Pontevedra. A entrada é libre ata completar a capacidade.
