III Festival de Maxia Abraioscopio en Pontevedra
Pontevedra acollerá do 17 ao 20 de setembro de 2026 a terceira edición do Festival de Maxia Abraioscopio, unha proposta cultural dedicada ao ilusionismo que converterá as rúas, os establecementos hostaleiros e diversos equipamentos públicos da cidade en escenarios abertos para a maxia.
O festival naceu coa vontade de sacar a maxia dos espazos convencionais e achegala ao público en distintos puntos de Pontevedra, favorecendo o encontro entre artistas, veciñanza e visitantes a través de espectáculos de ilusionismo.
A programación desenvolverase ao longo de catro xornadas, do 17 ao 20 de setembro. O lugar concreto e os horarios anunciaranse proximamente.
