Andaina pola Ruta da Pedra e da Auga en Meis
O sábado 29 de agosto, de 10:00 a 13:00 horas, a asociación Verdegaia organiza en Meis, Pontevedra, unha andaina de dificultade baixa para aprender a identificar árbores e arbustos na contorna do río Armenteira.
A actividade percorrerá parte do sendeiro coñecido como Ruta da Pedra e da Auga, a través do bosque de ribeira e practicamente sempre baixo a sombra das árbores. Durante o itinerario poderanse observar especies como salgueiros, ameneiros, sabugueiros, carballos, freixos, abeleiras, castiñeiros, xestas, sanguiños e loureiros, ademais doutras que se irán descubrindo ao longo do camiño. A guía será Marga Rubido.
A inscrición é gratuíta e obrigatoria, cun límite de 20 persoas. As solicitudes deben enviarse a info@verdegaia.org, indicando o nome de cada participante, se algunha persoa é menor de 14 anos e un número de teléfono.
