Berenguela na gaiola, coprodución de Galeatro e Xarope Tulú en Cambados
A obra Berenguela na gaiola é unha coprodución de Galeatro e Xarope Tulú que narra a historia de Berenguela, unha anciá que, vivindo nunha residencia de maiores, anhela regresar á súa casa na aldea, onde atopa a verdadeira felicidade. Ao longo da representación, Berenguela aproveita calquera oportunidade para escapar e retomar a súa liberdade.
A trama baséase nas Aventuras e desventuras dunha espina de toxo chamada Berenguela, unha obra de Manuel María. Xunto a outras dúas anciás, Berenguela descubrirá que aínda poden recuperar a liberdade que crían perdida e terán a oportunidade de transformar o seu entorno. Esta peza foi galardoadas no IV Certame Manuel María de Proxectos Teatrais no ano 2025.
