Xornadas da Memoria: Visita a San Simón en Redondela
A asociación Mocidade Galega pola Memoria, que ten como obxectivo achegar a memoria histórica á xente nova, prepara as súas I Xornadas de memoria histórica en colaboración co Concello de Pontevedra o próximo 25 de abril, con motivo da Revolución dos Cravos de Portugal. Como parte deste evento, ofrécese á cidadanía a posibilidade de visitar a Illa de San Simón, un lugar que, segundo comenta a responsable de organización, Uxía Couto, foi “escenario da máis vil represión franquista, onde foron encarceradas, vexadas e mesmo asasinadas persoas polas súas ideas.”
A visita será guiada pola asociación memorialista e contará coa participación do profesor e deputado no Parlamento galego Luís Bará. Esta actividade está programada para o domingo 19 ás 10:00 horas, cunha saída e regreso en barco desde o Porto de Meirande en Redondela. O custo do transporte marítimo é de 10 euros, que se aboarán directamente no barco, sendo gratuíta o resto da visita. Para anotarse, é necesario cubrir un formulario que se pode atopar nas súas redes sociais, Instagram e Facebook.
