Home Axenda - enPontevedra Fin de semana Xornadas e Conferencias XI Xornada de Onomástica Galega: toponimia e ecoloxía en Pontevedra
XI Jornada de Onomástica Gallega: toponimia y ecología en Pontevedra

XI Xornada de Onomástica Galega: toponimia e ecoloxía en Pontevedra

A XI Xornada de Onomástica Galega, organizada polo Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, analizará en Pontevedra a relación entre os nomes dos lugares e a transformación do territorio. Baixo o título Onomástica e ecoloxía, o encontro ofrecerá distintas aproximacións á perda de nomes vinculados a pequenas parcelas, camiños, fontes, montes e outros accidentes xeográficos.

A xornada partirá da consideración da toponimia como un ecosistema en risco, con especial atención á microtoponimia, máis vulnerable ca os nomes de núcleos habitados. Participarán, entre outras, as académicas Ana Boullón e Luz Méndez, coordinadoras do encontro, e abordaranse exemplos literarios e territoriais como a desaparición da Pena do Cuco, evocada por Manuel Rivas en As voces baixas, ou as aldeas sepultadas por encoros, cuxos nomes perviven nalgúns casos unicamente como apelidos.

A actividade celebrarase o sábado 10 de outubro de 2026, a partir das 10:00 horas, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. A entrada será libre ata completar o aforamento.

Os plans, no teu correo cada xoves

Recibe a selección da fin de semana de enPontevedra.

Política de privacidad

Onde

Edificio Castelao Museo de Pontevedra
Rúa Padre Amoedo Carballo 3, Pontevedra, 36002, Pontevedra

Cando

O 10 de Outubro ás 10:00

Scroll ao inicio