Somos Música: concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona en Pontevedra
Somos Música reúne unha programación de espectáculos musicais paralelos ás probas deportivas da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon. En Pontevedra, o ciclo presenta o concerto infantil de Uxía Lambona e a Banda Molona, unha proposta participativa para cantar, bailar e achegarse á música tradicional galega.
A banda está formada por Pali ao baixo, Ñoc á batería, Diego á gaita e á frauta, Serghaño á guitarra, Roscón ao acordeón e Uxía como cantante e líder. O programa completo de Somos Música inclúe 14 momentos musicais con Zeltia Irevire, Moi, Hermanos Visi, Helena Egea, Purple, varias sesións de DJ, Pablo Méndez, Ortiga, Galician Army e De Ninghures, ademais da gran traca final de Panorama City.
O concerto terá lugar o 18 de setembro de 2026 ás 19:00 horas na Praza da Ferrería, Pontevedra. A programación musical comezará días antes das probas deportivas e prolongarase ata a despedida da Gran Final.
