Presentación do programa “Familias Reconectando nun Clic” en Pontevedra
A crecente dependencia das pantallas desde idades cada vez máis temperás mobilizou á comunidade educativa de Meaño a actuar. A Asociación Avante uniu forzas co IES de Meaño, así como cos CEIP As Covas e Coirón de Dena, e as súas respectivas asociacións de nais e pais para lanzar o programa “Familias Reconectando nun Clic”.
Este programa presentarase oficialmente o venres 13 de marzo ás 19:00 horas no Centro Social e Cultural de Dena. Ata o momento, máis de 30 familias asináronse ao novo ‘Pacto Familiar’, co obxectivo de facer fronte á presión social e garantir o benestar dixital e emocional dos menores. Durante o acto de presentación desvelaranse os resultados dunha enquisa inédita sobre a realidade dos dispositivos móbiles entre o alumnado do IES de Meaño e dos CEIP As Covas e Coirón.
O programa incluirá obradoiros, asesoramento, campañas de sensibilización e un compoñente final que contempla as accións levadas a cabo polo Pacto Familiar e os centros educativos.
