Presentación do libro ‘Llueve sobre Intxaurrondo’
O próximo 8 de abril, o Salón Noble do Liceo Casino de Pontevedra acollerá a presentación do libro ‘Llueve sobre Intxaurrondo’, unha obra escrita por Juan Manuel Fernández Millán e Francisco Hermida Bouzas. Este texto céntrase nunha das operacións máis significativas da Garda Civil en territorio francés, que marcou un fito na loita contra ETA.
A presentación será realizada por Francisco Hermida, quen compartirá detalles sobre a obra, que foi recoñecida como finalista na categoría de Historia e Investigación da Editorial Círculo Rojo 2025. Ademais, destácase como a mellor novela nesta categoría e foi considerado o mellor libro do ano 2025 pola mesma editorial.
