Home Axenda - enPontevedra Cultura Presentación de “Só os mortos saben a verdade” de Óscar Guzmán na Libraría Paz, Pontevedra
Presentación de "Só os mortos saben a verdade" de Óscar Guzmán en Libraría Paz, Pontevedra

Presentación de “Só os mortos saben a verdade” de Óscar Guzmán na Libraría Paz, Pontevedra

O escritor Óscar Guzmán presenta na Libraría Paz, Pontevedra a súa novela “Só os mortos saben a verdade”, nun acto literario no que estará acompañado pola escritora Alba Guzmán. A presentación será o 15 de outubro de 2026 ás 19.00 horas.

Na obra, cando o detective Alfredo Torres aparece na residencia, Secundino Santalices descobre que o pasado sempre agarda a súa oportunidade e que, ás veces, só os mortos saben a verdade. Óscar M. Guzmán (Vilamarín, Ourense, 1970) asina a súa terceira novela, coa que acadou o XXXII Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey do Concello do Grove.

Con anterioridade, o autor publicou as novelas Os segredos de Teresa (2021) e Pero… como morren as pegas? (2024), obra coa que obtivo o V Premio Literario Vilar Ponte do Concello de Viveiro.

Os plans, no teu correo cada xoves

Recibe a selección da fin de semana de enPontevedra.

Política de privacidad

Onde

Libraría Paz
Rúa Peregrina 29, Pontevedra, 36003, Pontevedra

Cando

O 15 de Outubro ás 19:00

Scroll ao inicio