Presentación da novela ‘Asasinato no muíño do cura’ de Arantza Portabales en Pontevedra
A Libraría Cronopios de Pontevedra acollerá o próximo venres 10 de abril ás 19:30 horas a presentación da novela Asasinato no muíño do cura, a nova obra da escritora Arantza Portabales. A autora estará acompañada pola xornalista Susana Pedreira.
Nesta nova entrega, Portabales trae un intrigante caso protagonizado de novo pola detective Iria Santaclara e o comisario xubilado César Araujo. A historia trasládase a Loeiro no ano 1984, onde un asasinato no muíño do cura desencadea unha serie de acontecementos que chegan ata o presente. A chegada de Alba Mariño á localidade, en busca de respostas sobre un pasado descoñecido, revela o impacto que este tivo na súa vida. Santaclara e Araujo, coa axuda de Sinda, a Gestapo, embarcaranse na tarefa de desentrañar o escuro misterio que rodea a Alba e as sinistras irmás Freijomil, descendentes do cura, así como a traxedia da morte da súa sobriña Berta, un crime que permaneceu sen resolver.
A autora, Arantza Portabales, nacida en San Sebastián en 1973, comezou a súa carreira literaria en 2015 cun libro de microrrelatos en castelán titulado A Celeste la compré en un rastrillo. A súa primeira obra en galego, Sobrevivindo, valeulle o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. Desde entón, cosechou éxitos con títulos como Deixe a súa mensaxe despois do sinal (2017) e Beleza vermella (2019), que tamén conta cos personaxes Abad e Barroso, que regresan en A vida secreta de Úrsula Bas en 2021. En 2023, publicou O home que matou a Antía Morgade e en 2025, Asasinato na casa rosa.
