Obradoiro de iniciación á Historia da Arte en Pontevedra
O obradoiro de iniciación á Historia da Arte ofrece ao público adulto unha nova forma de mirar, analizar e gozar das obras artísticas máis alá da súa aparencia superficial. A actividade será impartida por Pablo Barreiro, exprofesor do IES Valle Inclán e especialista en arte moderna e contemporánea, na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola.
Cun enfoque dinámico e accesible, as sesións abordarán as claves para comprender que hai detrás de cada creación, adestrar a mirada e desenvolver o sentido crítico. O programa permitirá achegarse á arte como unha expresión viva e intelixente, a través da análise e do gozo de diferentes obras artísticas.
O obradoiro celebrarase os xoves, de 17:30 a 18:30 h, desde o 8 de outubro de 2026 ata o 17 de xuño de 2027, na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola. A inscrición previa estará dispoñible desde o 14 de setembro de 2026 ás 09:00 h na web da biblioteca.
