Home Axenda - enPontevedra Concertos Fin de semana O Centro Coreográfico Galego presenta “Transeúnte” en Vilagarcía
El Centro Coreográfico Galego presenta "Transeúnte" en Vilagarcía

O Centro Coreográfico Galego presenta “Transeúnte” en Vilagarcía

O Centro Coreográfico Galego presenta en Vilagarcía este sábado 18 de abril a obra Transeúnte, unha fascinante creación de Daniel Rodríguez que mestura a danza contemporánea co canto e baile tradicional, ofrecendo un espectáculo de gran plasticidade visual e intensa emoción musical. Sobre o escenario, catro bailaríns estarán acompañados pola música en directo de Artur Puga e a voz de Aída Tarrío de Tanxugueiras, creando unha experiencia única.

A actuación será no Auditorio de Vilagarcía a partir das 20:00 horas. As entradas xa están á venda en www.ataquilla.com ao prezo de 5 euros, máis gastos de xestión na compra anticipada. De non esgotarse antes, poderán adquirirse o mesmo día do espectáculo no Auditorio a partir das 18:00 horas. As persoas maiores, desempregadas e titulares do carné Xove poden acceder a unha entrada bonificada a 3 euros.

Transeúnte invita a mergullarse nunha experiencia multisensorial onde corpo, música e tecnoloxía se entrelazan para construír un contexto único. Cunha visión xuvenil, fresca e actual, celebra a diversidade cultural, resalta a nosa conexión como seres humanos e invítanos a unha viaxe que honra o pasado, vive o presente e busca e abraza o futuro. O autor e director do espectáculo, o bailarín e coreógrafo Daniel Rodríguez, é coñecido polo seu traballo nos grupos galegos Tanxugueiras, Mondra e Fillas de Casandra. Entre os seus recoñecementos destacan o 1º Premio Sólodos en Danza Ourense 2022, o Premio do Certame Coreográfico Compostela 2022 e a Escaleira de Prata ao mellor espectáculo no Festival ARCA 2023.

Onde

Auditorio Municipal de Vilagarcía
Av. da Mariña, Vilagarcía de Arousa

Cando

O 18 de Abril ás 20:00

Scroll ao inicio