Home Axenda - enPontevedra Fin de semana Gastronomía Noite das Meigas 2026 en Vilagarcía de Arousa
Noite das Meigas 2026 en Vilagarcía de Arousa

Noite das Meigas 2026 en Vilagarcía de Arousa

A Noite das Meigas regresa a Vilagarcía de Arousa o 4 de setembro de 2026 para despedir o verán cunha celebración popular protagonizada por meigas, magos, druídas, ánimas e outros seres do máis alá. Os dez poboados máxicos ofrecerán animación e degustacións gratuítas ás persoas visitantes, con propostas gastronómicas como rosquillas, callos con garavanzos, choripán, tortilla, empanadas e doces.

A programación comezará ás 22:00 horas co reparto de especialidades por parte dos colectivos participantes. A Concellería de Cultura distribuirá 4.000 rosquillas e 720 litros de caña para preparar a tradicional queimada en cada poboado. Á medianoite, na Praza de Galicia, celebrarase o conxuro da queimada, amenizado polo grupo de teatro Clámide.

O conxuro será o único elemento de pagamento, cun prezo simbólico de 1 euro, destinado a contribuír cos colectivos participantes. Nesta edición participan Teatro Clámide, O Noso Lar, Asociación Cultural Curtas Films Fest, A Cantarela, Asociación Protectora de Animais, Zona Aberta, Os Remolóns, Asociación As Gharbosas, Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa e Asociación Cultural Indanonvaidesta Vilagarcía. As Gharbosas do Piñeiriño substitúen a Agrupación Malveiras.

Onde

Auditorio Municipal de Vilagarcía
Av. da Mariña, Vilagarcía de Arousa

Cando

O 5 de Setembro ás 22:00

Scroll ao inicio