Na outra banda: danza contemporánea no Auditorio de Cangas
Na outra banda é unha obra de danza contemporánea con música en directo, creada, dirixida e interpretada por Chechu Riquelme. A peza explora a experiencia migratoria e a transformación da identidade lonxe da terra de orixe, situando o corpo no centro dunha reflexión sobre o desarraigamento, a memoria, a soidade e a procura dun novo fogar.
A proposta combina danza contemporánea, danza tradicional galega e folclore arxentino a través de tres momentos: O Viaxe, A Ferida e A Convivencia. A coreografía corre a cargo de Daniela López Álvarez, con música en directo e deseño de paisaxe sonora de Xandre Outeiro, asistencia coreográfica de Marcia Vázquez e deseño de iluminación de Nacho Martín.
O espectáculo preséntase o 14 de novembro de 2026 ás 20:00 horas no Auditorio de Cangas, en Cangas. A produción é de Chechu Riquelme e a distribución corresponde a Lilian Portela – Amarelo Distribución.
