Home Axenda - enPontevedra Concertos Abril en concerto no Pazo da Cultura de Pontevedra

Abril en concerto no Pazo da Cultura de Pontevedra

O Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra acolle o xoves 12 de novembro de 2026, ás 20:30 horas, o concerto de Abril, segunda proposta da nova edición do ciclo Música para reCREAr. A iniciativa está impulsada pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo coa colaboración do Concello. A entrada é de balde e a apertura de portas será ás 20:00 horas.

Abril é o dúo formado por Claudia Abril (voz e pandeireta) e Marina Carpente (violín), que parte da música de raíz galega para crear un repertorio propio e actual. En 2026 publicaron o seu primeiro disco, «Medrar». Ese mesmo ano o dúo gañou o Premio Martín Códax da Música 2026 na categoría de música folk.

O ciclo Música para reCREAr comezou o 29 de outubro, no mesmo escenario, co concerto do trío Caldo.

Onde

Pazo da Cultura
Pazo da Cultura de Pontevedra, Pontevedra, 36005 Pontevedra

Cando

O 12 de Novembro ás 20:30

Scroll ao inicio