‘Molto barroco’, da compañía Píscore Teatro en Caldas de Reis
A Deputación de Pontevedra presenta o próximo domingo 15 de marzo o espectáculo “Molto barroco” no marco do circuíto +Escénicas, que terá lugar no Auditorio Municipal de Caldas ás 19:00 horas. Esta obra é unha proposta da compañía Píscore Teatro que combina a música barroca con escenas cómicas que prometen entreter ao público.
O espectáculo “Molto barroco” desenvólvese nunha corte real europea do século XVIII, onde se atopan o rei, a raíña, un bufón e un compositor. Este último, acompañado de tres dos seus músicos, reúnese nunha pequena estancia para cumprir cos encargos musicais do monarca, creando un ambiente de humor e música que transportará aos asistentes a aquela época.
