Home Axenda - enPontevedra Festas Magosto unitario e solidario na Praza da Pedreira de Pontevedra
Cartel do Magosto unitario e solidario en solidariedade coas persoas migrantes: 7 de novembro na Praza da Pedreira, con Cé Orquestra, Morenos Peludos e Maravallada

Magosto unitario e solidario na Praza da Pedreira de Pontevedra

O tecido asociativo de Pontevedra únese un ano máis no Magosto unitario e solidario, esta volta en solidariedade coas persoas migrantes. O sábado 7 de novembro a Praza da Pedreira encherase de castañas de balde, chourizos e bebidas a prezos populares, con opción vegana.

A animación familiar comeza ás 18:00 con Cé Orquestra e a foliada arranca ás 20:00 con Morenos Peludos e Maravallada.

Todo o recadado irá para apoiar ás organizacións que traballan a pé de rúa en Ceuta, dando axuda directa ás persoas migrantes.

Os plans, no teu correo cada xoves

Recibe a selección da fin de semana de enPontevedra.

Política de privacidad

Onde

Praza da Pedreira
Praza da Pedreira, Pontevedra, 36002 Pontevedra

Cando

O 7 de Novembro ás 18:00

Scroll ao inicio