Home Axenda - enPontevedra Fin de semana Infantil Festival das Núbebes 2026: Pelica de Burra en Pontevedra
Festival das Núbebes 2026: Pelica de Burra en Pontevedra

Festival das Núbebes 2026: Pelica de Burra en Pontevedra

Pelica de Burra é un espectáculo-obradoiro de narración oral e música para a primeira infancia, creado pola compañía Vero Rilo e dirixido a nenas e nenos de 0 a 3 anos. A narradora e educadora Vero Rilo, acompañada polo músico Luís Iglesias, propón unha experiencia participativa baseada na tradición, no xogo e nas historias.

A acción transcorre no ano 2735, cando Pelica de Burra chega a un futuro sen xogos, contos nin música. Para recuperar as palabras perdidas —«¡Peliquiña Meee, non está aquí!, tampouco aquí, así que… onde?»—, a protagonista emprende unha viaxe ao pasado que conduce cara á solución para devolverlle a diversión a ese mundo. O espectáculo combina música, narración oral, xogos de colo, rolos, igualdade e moitas historias.

A función celebrarase o 4 de outubro de 2026 ás 12:15 horas no Seminario – Pazo de Cultura de Pontevedra.

Onde

Pazo da Cultura
Pazo da Cultura de Pontevedra, Pontevedra, 36005 Pontevedra

Cando

O 4 de Outubro ás 12:15

Scroll ao inicio