Exposición de Mercedes Nieto ‘Mecha’ en Pontevedra
A Sala de Exposicións do Liceo Casino de Pontevedra acolle do 6 ao 20 de abril a obra da artista Mercedes Nieto, coñecida artísticamente como Mecha. Esta pintora autodidacta conta con máis de 35 anos de traxectoria no desenvolvemento da súa creatividade, destacando o seu traballo en acrílico sobre madeira, onde o pigmento ten unha gran importancia, expandíndose sobre a superficie para achegar un selo delicado e vitalista.
As obras de Mecha son o resultado dunha técnica que outorga ás súas pezas trazos innovadores e un estilo distintivo, fusionando a orixinalidade coa forza expresiva das súas emocións. A súa pintura preséntase como unha forma de expresionismo, íntima e cativadora, capaz de transmitir sensacións únicas ao espectador.
A exposición pódese visitar de forma gratuíta de luns a sábado en horario de 10:00 a 22:00 horas. A entrada é libre e atópase no Liceo Casino de Pontevedra.
