Domingos do Principal: O libro da selva, o musical en Pontevedra
Ártika Cía presenta no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra O libro da selva, un musical en galego para público familiar a partir dos 3 anos. O clásico conto de Rudyard Kipling cobra vida nunha xungla moi especial, unha cidade habitada por animais e gobernada polo implacable Sherekhan.
Mowgli chega a este novo mundo e debe aprender as súas regras para convivir cos seus habitantes. A proposta combina música en directo, voces conmovedoras e unha posta en escena chea de enerxía nun dos poucos musicais de gran formato creados integramente en galego. A aventura está pensada para a infancia e para todas as familias.
A función terá lugar o 8 de novembro de 2026 ás 18:30 horas no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. Todas as persoas necesitan entrada para acceder ao recinto, independentemente da idade que teñan.
