Concerto ‘Peregrinaxe das danzas’ da Banda de Música de Pontevedra
A Banda de Música de Pontevedra continúa coa segunda parte do seu Ciclo de Butaca, que nesta tempada 25-26 leva por título ‘Vento en popa a toda vela’. Este ciclo inclúe un concerto mensual ata maio, todos eles no Teatro Principal de Pontevedra, con entrada gratuíta ata completar a capacidade.
O próximo domingo 26 de abril ás 12:00 horas, terá lugar o concerto titulado ‘Peregrinaxe das danzas’. Nesta ocasión, contarase cun alumno do Conservatorio de Música Manuel Quiroga como solista nunha das pezas, seleccionado a través dun concurso.
