Concerto do Coro de The Queen’s College de Oxford en Pontevedra
O Coro de The Queen’s College de Oxford ofrecerá un concerto de música sacra o luns 14 de setembro de 2026 na Real Basílica de Santa María A Maior de Pontevedra. Este conxunto universitario, integrado por estudantes e cantores profesionais, é unha referencia da tradición coral británica e desenvolve unha intensa actividade litúrxica e concertística no Reino Unido e nas súas xiras internacionais.
O programa reunirá diversas pezas de música sacra, desde obras renacentistas e barrocas ata composicións contemporáneas, mostrando a evolución da tradición musical vinculada á interpretación coral.
O concerto comezará ás 20:45 horas, despois da misa da tarde, na Real Basílica de Santa María A Maior, Pontevedra.
