Concerto de Moi en Pontevedra
O ciclo Somos Música, integrado no programa de actividades paralelas á Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon de Pontevedra, presenta o concerto de Moi na Praza de Ourense. A banda nace da fusión de La Mosca Valiente e El Indecente.
O proxecto reúne a Rodrigo Valiente, Marcos Flai e Pepe Solla, que ofrecen ao público unha proposta musical froito desta unión artística.
O concerto celebrarase o 18 de setembro de 2026, ás 21:15 horas, na Praza de Ourense, Pontevedra.
