Concerto de Marky Ramone en Vilagarcía de Arousa
O 17 de agosto de 2026, o Parque da Xunqueira de Vilagarcía de Arousa acollerá o concerto de Marky Ramone, unha das figuras fundamentais da historia do punk rock. O batería actuará á fronte da súa banda, Marky Ramone’s Blitzkrieg, nunha proposta en directo vinculada ao legado dos Ramones.
Marky Ramone formou parte dos lendarios Ramones durante 15 anos, período no que participou en máis de 1.700 concertos e na publicación de máis de 15 discos. Tamén figura como compositor en Mondo Bizarro e Adios Amigos, o último álbum da banda.
O concerto comezará ás 22:30 horas no Parque da Xunqueira, Vilagarcía de Arousa.
