Home Axenda - enPontevedra Concertos Fin de semana Cagliostro: espectáculo de ilusionismo en Vilagarcía de Arousa
Cagliostro: espectáculo de ilusionismo en Vilagarcía de Arousa

Cagliostro: espectáculo de ilusionismo en Vilagarcía de Arousa

O espectáculo itinerante de ilusionismo Cagliostro. Unha historia de maxia no Camiño chega a Vilagarcía de Arousa o 19 de setembro de 2026. A proposta está protagonizada polo Mago Antón e o actor Antonio Ortuño «El Brujo», que combinan maxia, teatro e narración para ofrecer ao público unha experiencia escénica vinculada ao imaxinario do Camiño de Santiago.

A función presenta unha lenda medieval sobre o conde de Cagliostro, baseada nun romance de cego de Darío Xoán Cabana e musicada por Mini, cantante e músico vinculado a Fuxan os Ventos e A Quenlla. A tradición oral galega, a picaresca do Camiño e o ilusionismo de rúa intégranse nun espectáculo de micromaxia teatralizada representado no Magomóbil, un tráiler-escenario con capacidade para 70 espectadores.

O Magomóbil permanecerá durante toda a xornada na Praza da II República, en Vilagarcía de Arousa. Haberá unha sesión ás 13:00 horas e tres sesións de tarde, ás 17:00, 18:30 e 20:00 horas. A entrada é libre e de balde.

Os plans, no teu correo cada xoves

Recibe a selección da fin de semana de enPontevedra.

Política de privacidad

Cando

O 19 de Setembro ás 13:00

Scroll ao inicio