Artur Ui, o ovo da serpe, de Talía Teatro en Cambados
Artur Ui, o ovo da serpe, de Talía Teatro, é unha proposta de teatro épico que retrata o momento actual desde unha mirada crítica e irónica. A obra explora os mecanismos do poder, a natureza do autoritarismo e as súas manifestacións históricas.
Máis alá da homenaxe a un clásico do século XX, esta produción establece un paralelismo coa época contemporánea, na que o fascismo volve asomar o fociño fóra do ovo. O espectáculo invita a reflexionar sobre a vixencia destas dinámicas políticas e sociais.
A función terá lugar o 16 de outubro de 2026, ás 20:00 horas, no Auditorio da Xuventude de Cambados.
