O tres grandes ciclos de lieder de Schubert en Pontevedra
O tenor Manuel Gómez Ruiz e a pianista Victoria Guerrero abren este ciclo dedicado ao tres grandes conxuntos de Lieder de Franz Schubert con A bela molinera, unha das obras fundamentais do repertorio para voz e piano do compositor vienés.Será o luns 5 de outubro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Pazo da Cultura organizado pola Sociedade Filarmónica de Pontevedra.Natural de Gran Canaria, Manuel Gómez Ruiz desenvolveu unha destacada traxectoria en escenarios de España e Europa, con actuacións en salas como a Konzerthaus de Berlín, a Komische Oper de Berlín, a Laeiszhalle de Hamburgo, o Muziekgebouw de Ámsterdam e o Teatro Real de Madrid. Especializado no repertorio vocal, formouse en Berlín e participou en clases maxistrais xunto a recoñecidas figuras do Lied. A súa traxectoria foi recoñecida con diversos premios e bolsas, entre eles o Premio Xoven Canarias 2015 e o Premio Gran Canaria 2017 na modalidade de Música.Victoria Guerrero, pianista especializada no repertorio de Lied, foi distinguida en 2022 co Premio Extraordinario do Xurado do Internationaler Wettbewerb für Liedkunst Stuttgart. Entre outros recoñecementos, recibiu o premio á mellor pianista nos concursos Das Lied de Heidelberg e Paula-Salomon-Lindberg de Berlín. Actuou en prestixiosos festivais e ciclos de Lied de España, Alemaña e Países Baixos, e actualmente compaxina a súa actividade concertística co seu labor como pianista acompañante no departamento de canto da Universidade Mozarteum de Salzburgo.Unha cita para descubrir a profundidade poética e musical de Schubert a través dun dos seus ciclos vocais máis emblemáticos. Pazo da Cultura, Pontevedra
