‘Ictus, anatomía da derradeira leición do Dr. Castelao’, de Chévere Teatro
Chévere Teatro chega a Pontevedra cunha nova produción o 27 de febreiro, tan só unha semana despois da súa estrea en Santiago. ICTUS é o último proxecto de Chévere, en colaboración co Centro Dramático Nacional, e representa quizais o maior reto escénico que asumiron até o de agora, dada a complexidade de abordar este tema a través do teatro.
Esta obra mergúllase no concepto de memoria, explorando a conexión entre unha boa memoria e unha boa democracia, así como os traumas non resoltos da nosa memoria histórica. Utilizando como fío condutor o cadro titulado “A derradeira leición do mestre”, que Castelao pintou no exilio cando xa estaba case cego, a obra levanos a un viaxe cara atrás no tempo. Acompañaremos o cadro desde a súa recepción organizada polo goberno galego en 2018 até a súa primeira presentación pública no Centro Ourensán de Bos Aires o 17 de agosto de 1945, coincidindo co noveno cabodano do fusilamento de Alexandre Bóveda, un evento que foi declarado Día dos Mártires de Galicia pola comunidade galega no exilio.
Chévere creou un dispositivo documental que entrelaza as voces de numerosas testemuñas, dialogando coa historia persoal dunha muller que experimenta alteracións da memoria debido a un dano cerebral adquirido tras un ictus que sofre durante a recepción do cadro de Castelao. O resultado é unha experiencia escénica que nos invita a reflexionar sobre como se constrúen e se disputan as narrativas da memoria. Agardámoste en Afundación, Pontevedra.
