«Contos de inverno», con Atenea García en Pontevedra

Sobre este plan
O ciclo «Contos de inverno» regresa á Casa das Campás de Pontevedra con tres propostas dirixidas ao público adulto e centradas en diferentes formas de entender e gozar da narración oral galega. Nesta sesión, Atenea García presenta o seu espectáculo As ben dadas.
Actriz, creadora escénica e narradora oral formada na Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) e cofundadora da compañía Xarope Tulú, Atenea García aborda as disidencias sexuais en Galicia desde o humor e unha mirada crítica sobre os mitos e as convencións sociais. A proposta tamén reflexiona sobre as dificultades históricas das persoas que se afastaban da norma, especialmente nas contornas rurais, que moitas veces resultaron máis hostís ca as cidades para quen non encaixaba nos modelos establecidos.
A función será o mércores 25 de novembro de 2026, ás 20:30h, na Casa das Campás, Pontevedra. A entrada é gratuíta ata completar a capacidade.
